Valle-Inclán1 1º ciclo E.P.
martes, 21 de enero de 2014
NADAL 2013
Benqueridos nenos e familias:
un ano máis teño que vos felicitar polo voso traballo e apoio contínuo e constante. Remata un trimestre, comeza outro... xa era hora de disfrutar dunhas merecidas vacacións!
Creo que o traballo que os nosos nenos levaron a cabo durante este periodo foi máis que evidente na decoración e na calidade das actuacións.
Só teño que dicir que espero que fose do voso agrado, e que o disfrutarades tanto coma min.
miércoles, 6 de noviembre de 2013
Benqueridos/as nenos/as:
Xa estamos en segundo de primaria!!! Hai que ver o rápido que pasa o tempo. Parece que aínda foi onte cando comezamos esta singradura que nos parecía tan longa, e xa estamos a piques de rematala.
Espero que este curso dea tan bos froitos coma o curso anterior e que, entre todos, poidamos levarnos un fermoso recordo deste percorrido que estamos a facer xuntos.
Un saúdo e un biquiño moi grande para todos/as vós
A vosa titora.
SAMAÍN TERRORÍFICO
O día 30 de Outubro celebramos no cole a festa do Samaín.
Foi un día terrorífico, á vez que bonito. A climatoloxía axudou moito e nós puidemos disfrutar de todo o que nos tiñan preparado os nosos profes.
Non faltaba nada: había disfraces, cabazas, castañas, leite, xogos...
Resumindo: foi un día para repetir!!!
domingo, 17 de febrero de 2013
PARCHÍS, CHIS, CHIS...
O pasado día 8 festexamos no cole a festa do Entroido. Pasámolo xenial!!!
Pero, como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixo algunhas fotiños que espero sexan do voso agrado...
EXCURSIÓN Á CORUÑA
Venres día 1 de febreiro:
tremendo temporal de auga e vento que nos agardaba na Coruña!!!
Menos mal que non foi presaxio de nada. A pesar dese mal tempo, pasámolo estupendamente ben.
Visitamos a Casa das Ciencias e, alí puidemos ver algo extraordinario: O PLANETARIO!!! Nesta primeira visita foi o que máis nos agradou, sen desmerecer para nada outras actividades coma as de facer pompas xigantes, ver cómo nacen os pitiños... ENCANTOUNOS!!!
Chagada a hora do xantar, dirixímonos cara a Casa do Home, onde puidemos disfrutar das saborosas comidas que levavamos nas nosas mochilas. Alí pasámolo moi ben. Había cousas a mar de interesantes e divertidas!!!
Finalmente, tivemos a sorte de poder ver unha película chulísima en 3D sobre os arrecifes de coral.
Aquí vos queda este pequeno vídeo sobre este día...
viernes, 30 de noviembre de 2012
JACK AND THE MAGIC BEANS
O día 15 de Novembro, tivemos a sorte de poder disfrutar dunha magnífica obra de teatro. Non foi unha obra calquera, xa que tiña a dificultade (que non resultou ser tal) de que era en inglés.
Para nós foi algo moi bo, xa que comprobamos que sabiamos moito inglés e que eramos quen de entender o que alí estaba a pasar.
Aquí vos quedan unhas poucas fotiños, e unha pasaxe da obra para que nas vosas casas poidan ver o que na sala estaba a pasar...
http://youtu.be/iKBY_1DtxMw
Suscribirse a:
Entradas (Atom)