Venres día 1 de febreiro:
tremendo temporal de auga e vento que nos agardaba na Coruña!!!
Menos mal que non foi presaxio de nada. A pesar dese mal tempo, pasámolo estupendamente ben.
Visitamos a Casa das Ciencias e, alí puidemos ver algo extraordinario: O PLANETARIO!!! Nesta primeira visita foi o que máis nos agradou, sen desmerecer para nada outras actividades coma as de facer pompas xigantes, ver cómo nacen os pitiños... ENCANTOUNOS!!!
Chagada a hora do xantar, dirixímonos cara a Casa do Home, onde puidemos disfrutar das saborosas comidas que levavamos nas nosas mochilas. Alí pasámolo moi ben. Había cousas a mar de interesantes e divertidas!!!
Finalmente, tivemos a sorte de poder ver unha película chulísima en 3D sobre os arrecifes de coral.
Aquí vos queda este pequeno vídeo sobre este día...
No hay comentarios:
Publicar un comentario