Benqueridos/as nenos/as:
Xa estamos en segundo de primaria!!! Hai que ver o rápido que pasa o tempo. Parece que aínda foi onte cando comezamos esta singradura que nos parecía tan longa, e xa estamos a piques de rematala.
Espero que este curso dea tan bos froitos coma o curso anterior e que, entre todos, poidamos levarnos un fermoso recordo deste percorrido que estamos a facer xuntos.
Un saúdo e un biquiño moi grande para todos/as vós
A vosa titora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario