viernes, 30 de noviembre de 2012
JACK AND THE MAGIC BEANS
O día 15 de Novembro, tivemos a sorte de poder disfrutar dunha magnífica obra de teatro. Non foi unha obra calquera, xa que tiña a dificultade (que non resultou ser tal) de que era en inglés.
Para nós foi algo moi bo, xa que comprobamos que sabiamos moito inglés e que eramos quen de entender o que alí estaba a pasar.
Aquí vos quedan unhas poucas fotiños, e unha pasaxe da obra para que nas vosas casas poidan ver o que na sala estaba a pasar...
http://youtu.be/iKBY_1DtxMw
miércoles, 14 de noviembre de 2012
MÁIS RECURSOS PARA IMPRIMIR (LINGUA GALEGA).
Ola a todos:
despois da boa acollida que tiveron os recursos para imprimir que vos colguei no blog, paréceme interesante deixarvos material novo. Nesta ocasión trátase de reforzar a lingua galega.
Espero que vos veñan ben.
Un saúdo
MAGOSTO NO COLE
Nenos e nenas de 1º EP co seu comecastañas |
O venres día 9 de Novembro festexamos no noso cole o magosto. Foi un día moi bonito e divertido no que non faltou de nada. Todos disfrutamos un montón preparando este festexo, comendo e bebendo, xogando... aquí vos deixo un pequeno vídeo para que o poidades ver en imaxes, posto que como é ben sabido, unha imaxe vale máis que mil palabras...
http://youtu.be/KbRJ9KlTejw
jueves, 1 de noviembre de 2012
RECEITAS DE OUTONO OU SAMAÍN
Ola a todos, como xa víchedes no traballo do Samaín que levaron os nenos para a casa, estades todos vós convidados a subíredes ao blog algunha receita de cociña preparada con productos típicos destas datas .
Espero que vos animedes, e poidamos disfrutar todos nós dalgunhas delicias que de seguro coñecedes.
Ánimo e grazas por colaborar!!!
SAMAÍN 2012
É tempo de outono. Xa están aquí as noces, as castañas, o millo e, por suposto, as cabazas ou calacús.
Hoxe, 31 de outubro, é a noite do Samaín; a noite na que recibimos a visita dos nosos ancestros finados. Unha noite máxica na que os habitantes dos poboados celtas festexaban o fin do verán.
No noso cole quixemos conmemorar esta data tan nosa preparando unha fermosa exposición na entrada do centro, que cada vez conta cunha maior participación. Moitas grazas a todos!!!
Hoxe, 31 de outubro, é a noite do Samaín; a noite na que recibimos a visita dos nosos ancestros finados. Unha noite máxica na que os habitantes dos poboados celtas festexaban o fin do verán.
No noso cole quixemos conmemorar esta data tan nosa preparando unha fermosa exposición na entrada do centro, que cada vez conta cunha maior participación. Moitas grazas a todos!!!
Exposición entrada cole |
Nós visitando as cabazas |
Ademais da exposición, para esta ocasión tamén quixemos engalanar o noso andar. Para iso, entre tódolos cursos de primaria, realizamos un fermoso e enorme mural. Nel aparece un bonito cervo cuxos cornos fan de árbore de outono. Como podedes ver, quedounos precioso á vez que moi vistoso.
A nós encantounos, e a vós?
A János e a Dániel tamén lles gustou moito. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)