viernes, 30 de noviembre de 2012

JACK AND THE MAGIC BEANS





O día 15 de Novembro, tivemos a sorte de poder disfrutar dunha magnífica obra de teatro. Non foi unha obra calquera, xa que tiña a dificultade (que non resultou ser tal) de que era en inglés.
Para nós foi algo moi bo, xa que comprobamos que sabiamos moito inglés e que eramos quen de entender o que alí estaba a pasar.

Aquí vos quedan unhas poucas fotiños, e unha pasaxe da obra para que nas vosas casas poidan ver o que na sala estaba a pasar...



















http://youtu.be/iKBY_1DtxMw

miércoles, 14 de noviembre de 2012

MÁIS RECURSOS PARA IMPRIMIR (LINGUA GALEGA).






Ola a todos:
despois da boa acollida que tiveron os recursos para imprimir que vos colguei no blog, paréceme interesante deixarvos material novo. Nesta ocasión trátase de reforzar a lingua galega.
Espero que vos veñan ben.
Un saúdo

MAGOSTO NO COLE



Nenos e nenas de 1º EP co seu comecastañas


     O venres día 9 de Novembro festexamos no noso cole o magosto. Foi un día moi bonito e divertido no que non faltou de nada. Todos disfrutamos un montón preparando este festexo, comendo e bebendo, xogando... aquí vos deixo un pequeno vídeo para que o poidades ver en imaxes, posto que como é ben sabido, unha imaxe vale máis que mil palabras...

http://youtu.be/KbRJ9KlTejw

jueves, 1 de noviembre de 2012

RECEITAS DE OUTONO OU SAMAÍN





Ola a todos, como xa víchedes no traballo do Samaín que levaron os nenos para a casa, estades todos vós convidados a subíredes ao blog algunha receita de cociña preparada con productos típicos destas datas .
Espero que vos animedes, e poidamos disfrutar todos nós dalgunhas delicias que de seguro coñecedes.

Ánimo e grazas por colaborar!!!

SAMAÍN 2012

É tempo de outono. Xa están aquí as noces, as castañas, o millo e, por suposto, as cabazas ou calacús.
Hoxe, 31 de outubro, é a noite do Samaín; a noite na que recibimos a visita dos nosos ancestros finados. Unha noite máxica na que os habitantes dos poboados celtas festexaban o fin do verán.
No noso cole quixemos conmemorar esta data tan nosa preparando unha fermosa exposición na entrada do centro, que cada vez conta cunha maior participación. Moitas grazas a todos!!!




Exposición entrada cole
Nós visitando as cabazas


Outra imaxe nosa arredor das cabazas
 
 
 Ademais da exposición, para esta ocasión tamén quixemos engalanar o noso andar. Para iso, entre tódolos cursos de primaria, realizamos un fermoso e enorme mural. Nel aparece un bonito cervo cuxos cornos fan de árbore de outono. Como podedes ver, quedounos precioso á vez que moi vistoso.
 A nós encantounos, e a vós?
 


Non credes que valeu a pena o traballo?
 

 


Todos nós ante o mural xa rematado.


Zoe, Victoria, Luisa, Rubén, Adrián, Yanira e André ante o mural sen rematar.

 
A János e a Dániel tamén lles gustou moito.

sábado, 20 de octubre de 2012

RECURSOS PARA IMPRIMIR



Ola a todos/as:
infórmovos de que vos publiquei unha serie de recursos que podedes imprimir e que vos poden ser de moita axuda.
En principio tan só vos deixei os do primeiro trimestre. Se credes que son un bo material, xa me iredes deixando os vosos comentarios, e podemos seguir a publicar máis traballo deste tipo de cara ás vindeiras avaliacións
Un saudiño

abicus_lg_wht.gif (3659 bytes)


 

miércoles, 10 de octubre de 2012

PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO


O luns fomos de excursión ao Parque Eólico Experimental de Sotavento. Foi unha experiencia estupenda!
Cando saímos do cole, a iso das 9:30 horas, o día non parecía que fora ser o mellor; pero a medida que ía pasando a mañá, a cousa cambiou e o que se presentaba coma un día gris, axiña tornou e todo se convertiu nunha fermosa mañá chea de grandes sorpresas.
Cando chegamos a Sotavento, xa nos estaban a agardar os monitores que axiña se fixeron amigos nosos Explicáronnos o que iamos facer e dividíronnos en tres grupos. 
Vimos como son e como funcionan os muiños: puidemos descubrir como son eses grandes xigantes por dentro, converternos por uns instantes en muiños...
Descubrimos moitas cousiñas interesantes sobre a auga e os seus usos e abusos.
E, o que máis nos gustou, foi a "casa máxica" que non era outra cousa máis ca unha vivenda bioclimática.
Finalmete, fixemos uns papaventos moi divertidos cos que pasamos un bo rato polos arredores das aulas nas que estivemos a traballar.
Para que vexades todo isto, aquí vos queda unha pequena montaxe que espero que vos guste.

martes, 9 de octubre de 2012

BENVIDOS A PRIMARIA!!!









Ola a todos/as os nenos/as, pais/nais do primeiro curso de primaria.
Comezamos un novo percorrido que espero sexa do máis productivo e gratificante para todos  nós. 
Estades a consultar unha das ferramentas que nos vai facer de canle de comunicación e de participación. Espero que sexa do voso agrado e que vos animedes a participar. Canto máis consultedes, participedes e valoredes este medio de comunicación, máis dinámico será e máis enriquecedor pra todos.
Periodicamente aparecerán publicados distintos contidos: dende traballos que se fan na clase, fotos de todo tipo de actos (festexos, saídas...), materiais de apoio, etc.
Espero a vosa colaboración.
Grazas

martes, 15 de mayo de 2012

OLIMPIADAS ESCOLARES

O pasado venres día 11 de maio, foi un día moi especial: celebramos no cole a 1ª Olimpiada Escolar.

Pasámolo estupendamente e, como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixo un vídeo que espero sexa reflexo do que pasou...



 http://youtu.be/hOgDZYXiMAs

miércoles, 2 de mayo de 2012

NADA POR AQUÍ, NADA POR ALÍ... MAXIA?

    Seguindo cos festexos do Día do Libro, o xoves día 26 tivemos unha sorpresa que nos encantou: que mellor maneira de continuar no País da Fantasía poderiamos atopar que asistir a un magnífico espectáculo de maxia!!
    Pois si, iso é, recibimos a visita do Mago Cali, que cos seus estupendos trucos, fixo a delicia de todos nós. Pasámolo xenial, rimos un montón e ata nos ensinou algún que outro truquiño.
Mago Cali





O espectáculo foi do máis interesante

 Todos estabamos encantados!!

 Como sería o truco??

 Ao final era cuestión de habilidade...

 Que fácil era, jajaja...!!!
 Cristian non sabía cal coller...
 Ao fin decidiuse...
 Alejandra e Dani non se poñían de acordo

 De que cor era o pano?
 Non había maneira, jajajajajaja
 Noelia, que lle pasabo ao fío?

 O fin de festa foi boísimo!!

Seguro que non estaba ensaiado?



lunes, 30 de abril de 2012

MÚSICA, MAESTRO!!!

      O pasado día 25, tivemos a grandísima sorte de sermos convidados a un maravilloso concerto no Conservatorio de Música Xan Viano de Ferrol.

      Os diferentes mestres agasalláronnos cun fermoso repertorio que nos resultou do máis ameno, á par de coñecido: La Sirenita, El Rey León, Tom e Jerry... non faltaba ninguén! Incluso puidemos presenzar unha carreira de coches amenizada polo trombón de baras.
      Pasámamolo moi ben! Xa estamos desexando repetir!


      Aquí vos quedan unhas pouquiñas de fotos pra que poidades recordar esta fermosa actividade...











   





 Lembrádesvos de tódolos nomes dos instrumentos? E da familia á que pertencen...? O vindeiro día que teñamos clase de música, comprobarémolo!!!! Espero que estiverades moi, moi atentos....

miércoles, 25 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012


UN POUCO DE HISTORIA

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual a través do dereito de autor. A nivel internacional, foi promulgado por primeira vez pola UNESCO no ano 1995.

            O 23 de abril foi escollido como data para festexar tan importante acontecemento porque correspóndeso co falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616.

            No cole tamén quixemos ter moi presente este día e, para iso, realizamos diferentes actividades que nos resultaron do máis interesante e divertidas.


 Realizamos uns preciosos e cómodos marcapáxinas…



 Introducímonos nun mundo de ilusións a través dos diferentes personaxes de contos que       tivemos que colorear e recortar…


















Colámonos no interior dun libro…

































 Pasámolo xenial!!!!!