miércoles, 26 de octubre de 2011

MMMMM QUE FAME!!

COCIÑA DE OUTONO

Nenas e nenos, aquí podedes subir as vosas receitas con froitos do outono.

Bicos a todos!

martes, 25 de octubre de 2011

SIIII, POR FIN... CHEGOU O SAMAÍN!!

Xa estamos no tempo do Samaín así que aquí vos deixo dous videos con cancións para que vos vaiades preparando para esta festa.


Xa sabemos que aquí en Galicia... hai moitos, moitísimos anos, viviron os Celtas.

O Samaín é unha festa celta que marca o comezo dun novo ano. 
Para eles era un día máxico, xa que crían que os espíritus volvían ao noso mundo.
Os homes, mulleres, nenas e nenos celtas colgaban nas súas casas caveiras con luces dentro para así asustar aos seus inimigos...

Hoxe en día, seguimos celebrando O Samaín, que é unha festa onde decoramos as cabazas, contamos contos de medo e onde se pode asustar un pouquiño á xente.... pero sen pasarse eh... :)

Outra canción:


lunes, 17 de octubre de 2011

LA BATALLA DEL CÁLCULO MENTAL

Aquí vos deixo o xogo que xa fixemos na clase sobre o cálculo mental.

Recordade antes de empezar, que tedes que escoller o nivel (fácil ou avanzado) e as operacións (sumas, restas, sumas e restas, etc.).

E agora... toca sumar!!


Nesta páxina atoparedes algunhas sumas, a que non son nada difíciles?

http://www.anayainteractiva.com/docs/matesSUMAS_II.swf

As letras maiúsculas, onde se colocan?

Aquí vos deixo un pequeno exercicio para traballar as maiúsculas.

http://www.anayainteractiva.com/docs/leng_ortografia.swf

Para xogar, unha vez entredes na páxina, deberedes poñervos encima da flechiña laranxa que aparece abaixo e facer doble clik en ela. Despois tedes que arrastrala ata onde queirades poñer a letra maiúscula e xa está.

miércoles, 5 de octubre de 2011

CONTOS INTERACTIVOS PARA XOGAR UN POUQUIÑO!

Aquí vos deixo algúns contos, dous deles xa os coñecedes porque os fixemos na clase. Agora na vosa casa podedes seguir xogando cos que faltan!!

Unha vez entredes, deberedes pinchar en IVAN y NAVI e ahí seleccionades o conto que queirades. Recorda que "La fiesta del Minotauro" e "Un circo en la cama" xa os coñeces, pero si queres, podes volver a facelos.