viernes, 25 de noviembre de 2011

COMPRENSIÓN

Estas actividades, aínda que son moi sinxelas axudarannos a fixarnos e a mellorar a comprensión, sobre todo para os problemas matemáticos.

http://ntic.educacion.es/w3//recursos/primaria/lengua_literatura/problemas/index.html#

TRUCOS PARA O CÁLCULO MENTAL

Aquí vos deixo unha páxina con algunhas actividades que nos axudarán a ser máis rápidos no cálculo mental. Pode ser un pouquiño difícil ao principio... pero, INTENTÁDEO!!
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1177053646859&idContent=20738&locale=es_ES&textOnly=false

DESCOMPOÑEMOS NÚMEROS

http://www.anayainteractiva.com/docs/mate_actividad1_1.swf

REPASAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE

Aquí poderedes atopar algunhas actividades de repaso deste trimestre.

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEGUNDO/Programa/menu.htm

domingo, 13 de noviembre de 2011

RESTAS LEVANDO E SEN LEVAR

Aquí vos deixo un enlace para practicar as restas. http://www.cuadernosdigitalesvindel.com/juegos/juego_resta.php
Recoméndovos tamén, que entredes no blog de primeiro na actividade "o ábaco". Xa me iredes contando que tal se vos da...
Un biquiño!

SOLUCIÓN.... UNHA DIETA SANA

Esta é a solución da adiviña... FELICIDADES A ZAIRA E MAIKA  porque adiviñaron e moitas grazas a todos e todas por participar!

miércoles, 2 de noviembre de 2011

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Pais, profes, nenas e nenos do Valle-Inclán:
Os alumnos e alumnas de segundo estamos dando en Coñecemento do Medio o tema dos alimentos e ocorréusenos facer esta cousiña... a ver si adiviñades o que é...
Que credes que fixemos con ese montón de folios que temos no chan?
Para que non sexa moi difícil vamos a darvos varias opcións:
a) Unha poesía
b) Un mural
c) Unha canción
d) Un conto
Este fin de semana poñeremos a solución!! E o que acerte... igual ten premio.

SAMAIN E MAGOSTO

Aquí vos deixo un pequeno video coas fotos da celebración do Samaín e o Magosto. Espero que vos guste!!
Por certo, aínda que a música que o acompaña non é de medo nin moito do Samaín... pareceume orixinal poñela para facer algo distinto. Ademais, con esas bruxas e bruxos que tiñamos... o único que nos falta era unha....

miércoles, 26 de octubre de 2011

MMMMM QUE FAME!!

COCIÑA DE OUTONO

Nenas e nenos, aquí podedes subir as vosas receitas con froitos do outono.

Bicos a todos!

martes, 25 de octubre de 2011

SIIII, POR FIN... CHEGOU O SAMAÍN!!

Xa estamos no tempo do Samaín así que aquí vos deixo dous videos con cancións para que vos vaiades preparando para esta festa.


Xa sabemos que aquí en Galicia... hai moitos, moitísimos anos, viviron os Celtas.

O Samaín é unha festa celta que marca o comezo dun novo ano. 
Para eles era un día máxico, xa que crían que os espíritus volvían ao noso mundo.
Os homes, mulleres, nenas e nenos celtas colgaban nas súas casas caveiras con luces dentro para así asustar aos seus inimigos...

Hoxe en día, seguimos celebrando O Samaín, que é unha festa onde decoramos as cabazas, contamos contos de medo e onde se pode asustar un pouquiño á xente.... pero sen pasarse eh... :)

Outra canción:


lunes, 17 de octubre de 2011

LA BATALLA DEL CÁLCULO MENTAL

Aquí vos deixo o xogo que xa fixemos na clase sobre o cálculo mental.

Recordade antes de empezar, que tedes que escoller o nivel (fácil ou avanzado) e as operacións (sumas, restas, sumas e restas, etc.).

E agora... toca sumar!!


Nesta páxina atoparedes algunhas sumas, a que non son nada difíciles?

http://www.anayainteractiva.com/docs/matesSUMAS_II.swf

As letras maiúsculas, onde se colocan?

Aquí vos deixo un pequeno exercicio para traballar as maiúsculas.

http://www.anayainteractiva.com/docs/leng_ortografia.swf

Para xogar, unha vez entredes na páxina, deberedes poñervos encima da flechiña laranxa que aparece abaixo e facer doble clik en ela. Despois tedes que arrastrala ata onde queirades poñer a letra maiúscula e xa está.

miércoles, 5 de octubre de 2011

CONTOS INTERACTIVOS PARA XOGAR UN POUQUIÑO!

Aquí vos deixo algúns contos, dous deles xa os coñecedes porque os fixemos na clase. Agora na vosa casa podedes seguir xogando cos que faltan!!

Unha vez entredes, deberedes pinchar en IVAN y NAVI e ahí seleccionades o conto que queirades. Recorda que "La fiesta del Minotauro" e "Un circo en la cama" xa os coñeces, pero si queres, podes volver a facelos.

martes, 27 de septiembre de 2011

XA ESTAMOS AQUÍ!!

Este é o blog dos nenos e nenas de 2º curso de Primaria do Colexio Valle-Inclán 1. Neste espazo irémosvos deixando vídeos, fotos, actividades, etc. relacionados co noso traballo diario na clase. Estades todos invitados a participar!!