miércoles, 6 de noviembre de 2013

 
 
 
Benqueridos/as nenos/as:
 
 
Xa estamos en segundo de primaria!!! Hai que ver o rápido que pasa o tempo. Parece que aínda foi onte cando comezamos esta singradura que nos parecía tan longa, e xa estamos a piques de rematala.
 
 
Espero que este curso dea tan bos froitos coma o curso anterior e que, entre todos, poidamos levarnos un fermoso recordo deste percorrido que estamos a facer  xuntos.
 
Un saúdo e un biquiño moi grande para todos/as vós
 
 
A vosa titora.
 


SAMAÍN TERRORÍFICO



O día 30 de Outubro celebramos no cole a festa do Samaín.

Foi un día terrorífico, á vez que bonito. A climatoloxía axudou moito e nós puidemos disfrutar de todo o que nos tiñan preparado os nosos profes.

Non faltaba nada: había disfraces, cabazas, castañas, leite, xogos...

Resumindo: foi un día para repetir!!!