sábado, 20 de octubre de 2012

RECURSOS PARA IMPRIMIR



Ola a todos/as:
infórmovos de que vos publiquei unha serie de recursos que podedes imprimir e que vos poden ser de moita axuda.
En principio tan só vos deixei os do primeiro trimestre. Se credes que son un bo material, xa me iredes deixando os vosos comentarios, e podemos seguir a publicar máis traballo deste tipo de cara ás vindeiras avaliacións
Un saudiño

abicus_lg_wht.gif (3659 bytes)


 

miércoles, 10 de octubre de 2012

PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO


O luns fomos de excursión ao Parque Eólico Experimental de Sotavento. Foi unha experiencia estupenda!
Cando saímos do cole, a iso das 9:30 horas, o día non parecía que fora ser o mellor; pero a medida que ía pasando a mañá, a cousa cambiou e o que se presentaba coma un día gris, axiña tornou e todo se convertiu nunha fermosa mañá chea de grandes sorpresas.
Cando chegamos a Sotavento, xa nos estaban a agardar os monitores que axiña se fixeron amigos nosos Explicáronnos o que iamos facer e dividíronnos en tres grupos. 
Vimos como son e como funcionan os muiños: puidemos descubrir como son eses grandes xigantes por dentro, converternos por uns instantes en muiños...
Descubrimos moitas cousiñas interesantes sobre a auga e os seus usos e abusos.
E, o que máis nos gustou, foi a "casa máxica" que non era outra cousa máis ca unha vivenda bioclimática.
Finalmete, fixemos uns papaventos moi divertidos cos que pasamos un bo rato polos arredores das aulas nas que estivemos a traballar.
Para que vexades todo isto, aquí vos queda unha pequena montaxe que espero que vos guste.

martes, 9 de octubre de 2012

BENVIDOS A PRIMARIA!!!









Ola a todos/as os nenos/as, pais/nais do primeiro curso de primaria.
Comezamos un novo percorrido que espero sexa do máis productivo e gratificante para todos  nós. 
Estades a consultar unha das ferramentas que nos vai facer de canle de comunicación e de participación. Espero que sexa do voso agrado e que vos animedes a participar. Canto máis consultedes, participedes e valoredes este medio de comunicación, máis dinámico será e máis enriquecedor pra todos.
Periodicamente aparecerán publicados distintos contidos: dende traballos que se fan na clase, fotos de todo tipo de actos (festexos, saídas...), materiais de apoio, etc.
Espero a vosa colaboración.
Grazas