O pasado día 25, tivemos a grandísima sorte de sermos convidados a un maravilloso concerto no Conservatorio de Música Xan Viano de Ferrol.
Os diferentes mestres agasalláronnos cun fermoso repertorio que nos resultou do máis ameno, á par de coñecido: La Sirenita, El Rey León, Tom e Jerry... non faltaba ninguén! Incluso puidemos presenzar unha carreira de coches amenizada polo trombón de baras.
Pasámamolo moi ben! Xa estamos desexando repetir!
Aquí vos quedan unhas pouquiñas de fotos pra que poidades recordar esta fermosa actividade...
Lembrádesvos de tódolos nomes dos instrumentos? E da familia á que pertencen...? O vindeiro día que teñamos clase de música, comprobarémolo!!!! Espero que estiverades moi, moi atentos....
lunes, 30 de abril de 2012
miércoles, 25 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO 2012
UN POUCO DE
HISTORIA
O Día Internacional do Libro é unha conmemoración
celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria
editorial e a protección da propiedade intelectual a través do dereito de
autor. A nivel internacional, foi promulgado por primeira vez pola UNESCO no
ano 1995.
O 23 de abril foi escollido como
data para festexar tan importante acontecemento porque correspóndeso co
falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616.
No cole tamén quixemos ter moi
presente este día e, para iso, realizamos diferentes actividades que nos
resultaron do máis interesante e divertidas.
Realizamos
uns preciosos e cómodos marcapáxinas…
Introducímonos nun mundo de ilusións a través dos diferentes personaxes de contos que tivemos que colorear e recortar…
Colámonos
no interior dun libro…
Pasámolo xenial!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)