viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Que ben o pasamos! Que día máis divertido! Non se me ocurre nada mellor que facer para ilustrar esta festa que colgarvos este vídeo no noso blog. Espero que vos guste e que lle deades as grazas a Ana que foi a que volo montou. A disfrutar!!!!



AQUARIUM FINISTERRAE


O día dez de febreiro tivemos a sorte de poder visitar o acuario da Coruña. Ía moitísimo frío, pero valeu a pena aguantar un pouco para poder disfrutar dos estupendos anfitrións que estaban a agardar por nós: os 
    peixiños. Sen dúbida, un día maravilloso!

Aquí vos deixo un pequeno vídeo coas fotos deste  día para que, sempre que queirades,  poidades lembrarvos deste día.

viernes, 3 de febrero de 2012

ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO

O pasado mes de xaneiro ao fin púidose realizar a saída á Área Recreativa de Pedroso que en varias ocasións houbo que cancelar por mor das inclemencias meteorolóxicas. Gracias a Silvia, que me deixou unhas fotos preciosas, puiden montarvos un pequeno vídeo que espero que vos guste. Espero que así sexa!!!